¡Forza Xiria!

José Manuel Canedo Aguiar

CARBALLO

27 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Esta tempada o Xiria Basquet comezou perdendo varios partidos. Fai uns venres, fun para a cama e, durmindo, soñei que ía polo deserto e que atopei unha lámpada máxica. Fregueina e saiume o xenio. Díxome: «Pide tres desexos». E pedinlle: «Que gañe o Xiria, que gañe o Xiria e que gañe o Xiria». Espertei, lin o xornal e vin que había posibilidades de que Bruño Piñeiro, quen xa estivera con nós fai anos, debutase co Xiria Basquet. E convencinme de que iamos gañar.

Gañamos.

Aquela noite non durmín e volvín a soñer. Soñei que estaba no deserto e atopei unha lámpada máxica. Fregueina e saiume o xenio. Saiume Bruno Piñeiro e díxome: «Pide tres desexos». E pedinlle: «Que o Xiria teña esponsor, que ti non marches do Xiria e que ti non teñas mal xenio».

Temos un bo plantel, temos un bo entrenador, temos ao revulsivo e temos unha boa afección. Estamos todos, Cambón e Añón tamén están.

Eu véxoos, eu síntoos, eu escóitoos. No ceo debe haber unha boa cobertura.

¡Forza Xiria!