pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | manuel varela rey xefe territorial de cultura e turismo «Cando estou nun posto concreto procuro volcarme»

O ex alcalde carballés non tivo morriña da política activa. Non lle gusta mirar atrás e, se o fai, é só para non repetir erros

Autor:
Mar Varela
Fecha de publicación:

Polo momento, remataron as vacacións e tamén a «tranquila» vida como mestre no instituto Monte Neme de Carballo para Manuel Varela Rey. Dende o mércores, o ex rexedor da capital de Bergantiños exerce o seu novo cargo como xefe territorial de cultura e turismo. Este posto sitúao no mesmo lugar que ocupou os últimos catro anos Milagros Lantes. A nacionalista foi delegada territorial de cultura e deporte durante o goberno bipartito.

-¿Por que tomou a decisión de aceptar o cargo e volver así á vida política en activo?

-A verdade é que me propuxeron varios cargos de responsabilidade e ademais creo que teño certa obriga coa xente que mo ofrecía. Finalmente aceptei con toda a ilusión en moitas ganas, para ser un colaborador deste goberno.

-Vostede foi asesor de Núñez Feijoo cando era conselleiro de Política Territorial. ¿Influíu o actual presidente da Xunta nesta toma de decisión?

-É posible que si. En todo caso, manifestoume en algunha ocasión o seu desexo de contar comigo nalgúns temas e en cargos de responsabilidade.

-¿Botou de menos o feito de ocupar un cargo público ao estar fóra da política?

-Non. Cada un ten que ir cumprindo etapas. Estiven vinculado moito tempo á política local. A partir de aí xurdiron outras situacións e dediqueime á miña actividade profesional como mestre. Cando estou nun posto concreto, o que procuro é volcarme nel. Non penso nunca no que pasou antes, ou case nunca. Simplemente o fago como aprendizaxe ou como parte da miña historia, pero nada máis. Se agora estou aquí, na xefatura territorial de Cultura e Turismo é para facer o mellor posible o meu traballo e sen pensar no de atrás.

-¿Cales serán os seus retos neste novo posto?

-Debo ter en conta todo aquilo que lle é propio á consellería que dirixe Roberto Varela. A miña responsabilidade vai ligada a dous sectores. Por un lado, está a cultura e todo o que signifique a súa creación, difusión e a conservación do patrimonio. O Camiño de Santiago é o eixo cultural da nosa provincia. Pero creo que o máis importante é lograr que o individuo sexa activo e logre canalizar a súa sensibilidade sobre este eido. Neste sentido, dende a xefatura territorial, debemos a favorecer que se desenvolvan esas canles. A segunda parte do meu labor está enfocada á ordenación e promoción do turismo. O principal reto é ofertar e ofrecer o mellor de nós, dende o punto de vista do visitante e tamén dende o económico. Hai moita xente que pode, que debe e que ten que vivir da explotación do sector turístico tan variado que temos en Galicia.

-¿En que situación se atopa a Costa da Morte en canto ás materias nas que vai operar?

-Temos a vantaxe de que hai un gran tecido asociativo cultural. Ten que existir a colaboración das agrupacións e os concellos con este organismo para levar a cabo moitas actividades. Temos tamén moi importantes aspectos de patrimonio e en canto ó turismo, esta costa ten uns valores naturais e paisaxísticos únicos. O mar é sempre un elemento positivo, e máis no noso caso. O peixe e o marisco atrae ó turismo cada ano.

-¿E cales son os principais obxectivos na zona?

-A cultura é máis importante cando ti participas, porque a vives doutra maneira. Polo tanto, aí creo que debemos ser sensibles para axudar e colaborar na vida das entidades. Ademais, debemos potenciar os recursos turísticos de costa e interior. O importante é estar preto dos veciños e canalizar as súas inquedanzas. Teño claro que me debo a todos eles.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | manuel varela rey «Cando estou nun posto concreto procuro volcarme»

O ex alcalde carballés non tivo morriña da política activa. Non lle gusta mirar atrás e, se o fai, é só para non repetir erros

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Cando estou nun posto concreto procuro volcarme»
Manuel Varela pretende potenciar os recursos turísticos
Autor de la imagen: | CASAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.carballo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.