«A miña obsesión neste momento é que se valore todo o que se está a facer no Alfredo Brañas»
CARBALLO
Viña, que é como o coñecen os seus alumnos, chegou ao ensino por unha bendita casualidade. Como universitario foi comprometido, e entre as súas anécdotas daquel tempo garda unha coma unha tesouro; o encerro na facultade de Filosofía no famoso maio do 68.
-¿Cando decidiu que quería se profesor?
-Empecei case por casualidade. Foi fai 40 anos e quedei enganchado ferozmente á educación. En realidade quería facer unha tese doutoral para meterme na industria. Foi nese momento cando tomei contacto co ensino, xa que mentres a preparaba tiña que traballar nalgunha cousa. Así empezou todo. O instituto cambioume por completo. Pasei de ser o fillo de, a ser José María o que xogaba ao fútbol, e despois xa veu a longa etapa de Viña
-¿A universidade foi importante para vostede?
-Si, como para a inmensa maioría da xente que pasa por ela. Eu son partidario de que non só se vaia a Santiago a estudar. Sempre digo que Compostela ten outra facultade, tamén moi importante, que é a da rúa, é unha etapa moi especial que nunca se esquecerá. Eu aínda recordo o maio do 68, cando estiven pechado na facultade de Filosofía, e iso lévoo comigo para a toda a vida.
-¿Ten algún reto agora?
-A miña obsesión é que se valore todo o que se está a facer no Alfredo Brañas. Temos un nivel alto no centro e temos que seguir así. Por desgraza, este é un dos motivos polos que baixamos as matrículas este curso.