«A súa obra apareceu nun contexto moi difícil»

La Voz

CARBALLO

09 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Miro Villar explica que un dos capítulos máis interesantes deste libro é o epistolario, a través do que se poden coñecer «a súa maneira de crear e a súa poesía», afirma. Entre eles, «un dos documentos máis bonitos son as cartas dirixidas ao seu editor, xa que nelas dálle instrucións tan precisas como o tipo de papel que se debe empregar, que poemas hai que publicar, como sortear a censura ou quen debe ilustrar a portada do seu libro, que finalmente foi un pintor parente del, Abelenda», sinala o autor ceense.

Villar explica que Zapata foi un poeta moi recoñecido na súa época en Bos Aires, e que o seu libro A roseira da soidade tivo moi boa acollida. Non foi así en Galicia, onde case non tivo repercusión. «Antón Zapata é unha figura descoñecida, por un motivo: que a súa obra apareceu nun contexto moi difícil, o da ditadura», sinala.

Na biografía que publicará Villar na primavera, unha obra de contido novidoso, tamén se corrixen algúns datos erróneos que se tiñan sobre Zapata.