04 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Aínda que a diversión dos participantes e do público en xeral é o motivo principal desta concentración de motos, a peña Ídolos tamén pretende que sirva para recadar fondos con destino a fins sociais. O responsable da entidade anunciou onte que o 25% dos fondos que se consigan coas inscricións destinaranse á organización dun concerto, e o diñeiro que se logre reunir con esta actuación, irá a parar a mans de asociacións que leven a cabo actividades de xeito desinteresado.
Tanto os datos sobre o concerto como sobre as entidades que recibirán os fondos están aínda sen decidir.