O programa inclúe rutas turísticas e unha carreira

La Voz

BARBANZA

Os moteiros que este fin de semana se dean cita en Ribeira terán a posibilidade de realizar dous percorridos de carácter turístico, un a tarde do sábado e outro a mañá do domingo. Os pilotos tamén poderán sumarse a unha carreira pedestre, prevista para as 16.00 horas da primeira xornada. O gañador desta proba será o que lidere a procesión de motos que ao día seguinte fará tremer a cidade ribeirense.

Os participantes nesta concentración poderán acampar no polideportivo de Coroso ou durmir nos hostais do municipio, onde terán dereito a prezos especiais. As inscricións neste encontro, que poden facerse de xeito anticipado no teléfono 627 329 471, tamén darán dereito a pichos e ao almorzo e xantar do domingo.