A actuación destes grupos terá lugar esta noite, a partir das nove, e a entrada custa cinco euros
A última hora de onte só quedaban a venda 200 entradas para o concerto que esta noite ofrecerán os grupos Treixadura e Faltriqueira no auditorio. Quen queira asistir aínda está a tempo, polo tanto, de mercar un tique e asistir a este espectáculo que tardará en volverse repetir. A actuación dará comezo ás nove da noite e as entradas custan cinco euros.
Este concerto, co que se revive a herdanza musical galega, inclúese no ciclo Xacobeo Raíces , que conta cun cartel formado por 25 artistas.
Treixadura son quince grandes músicos que compoñen as dúas seccións da formación, os gaiteiros e o orfeón. Logo do éxito acadado co seu último traballo discográfico, Unha semaniña enteira , que levou ao grupo a percorrer nos últimos dous anos boa parte dos escenarios galegos, Treixadura atópase preparando o seu vindeiro disco, Esa si que é muiñada , que suporá o peche da cuadriloxía comezada con Unha noite no muíño .
Treixadura perdeu este ano a un dos seus músicos, Xosé Méndez Martís, Morgan , membro fundador dos Estalotes e compoñente de Cantigas e Agarimos, a quen lle están dedicando este ano os seus concertos.
Os acordes de Treixadura virán seguidos pola polifonía das rapazas de Faltriqueira, que recollen a herdanza das pandereteiras das vilas, fusionando polifonías con percusións e instrumentos acústicos. Teresa, Carolina, María e Ana estarán acompañadas polo acordeón de Jorge Juncal, as percusións de Roi Adro e as cordas de Pascal Gaigne.
Faltriqueira leva percorrido moitos escenarios, dentro e fóra de Galicia, e hoxe subiranse ao do auditorio municipal de Vilagarcía.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios