O pesimismo reinaba onte nas filas do Agnus Dei á hora de encarar a visita ligueira do Atlético Novás B ao pavillón de Coirón (18 horas) . E é que non hai un só factor que apunte a unha posible victoria hoxe do cadro meañés.
Ao contrario, todo semella conxurado para acabar na enésima derrota do Agnus Dei, cuxos responsables asumiron xa que a permanencia na Primeira División Autonómica de balonmán é unha quimera.
As baixas de Pedro, por lesión, e de Valentín, Alberto e Touza, máis a xa coñecida de Rafa Torres deixan o plantel do Salnés en cadro no que será o debú do pontevedrés Paulino Martín no banquiño do Agnus Dei.
A segunda posición do Atlético Novás B na clasificación da fase de permanencia, con cinco victorias e tres derrotas, non fai máis que alimentar o temor do conxunto local a un novo pinchazo.