Pescado e marisco que encandila a México, fronte á nova cociña

La Voz

AROUSA

Loliña Bóveda é das que pensan que «as cousas sempre melloraron para ben», coa súa excepción. «Melloraron, menos a calidade do producto. O marisco antes era moitísimo mellor. Unha fermosura. Ulía ao cocerse. Agora segue a haber calidade, pero non como antes. As ameixas de Carril é o que se vai salvando».

Peixe e marisco dánlle a sona internacional ao Loliña. Ata o punto, desvela Agustín, de traer a Carril a dúas expedicións anuais de mexicanos. «-Olegario Vázquez- Raña», o emigrante de Avión (Ourense) que montou un imperio empresarial no país azteca, «deunos a coñecer aló».

¿E que pensa a saga dos Bóveda da cociña moderna encabezada por Adriá?. «Nós sempre fixemos a nosa cociña. A cociña moderna dá moitos cartos, pero nunca nos chamou». Para que dicir máis.