Paulo Rodríguez anunciou que o prezo das entradas será de tres euros e que por vinte euros se poderán adquirir os bonos. Sen embargo, a principal novidade deste serán os libros do festival, coa programación completa, as fichas e as sinopses das películas.
Cineuropa decidiu poñerlle «un prezo simbólico 50 céntimos» para evitar un consumo indiscriminado dos volumes. Non se trata, segundo a organización, dunha medida para recadar senón para racionalizar o uso desta publicación.
As sesións será de pago a excepción das que están encadradas no panorama do audiovisual galego e tamén nas das películas que forman parte do ciclo adicado a The Beatles. Serán igualmente gratuítas as catro longametraxes que nesta edición formarán parte do ciclo Cinema Miúdo, un ciclo destinado aos cativos e que se realizará no Teatro Principal polas mañás. No ciclo adicado ao documental musical, o festival recupera unha longametraxe xa proxectada e que, dende entón, foi premiada en numerosas ocasións, Let's get lost, sobre a vida de Chet Baker.