La Voz de Galicia

Camariñas ambienta o territorio para a próxima visita do rei Alfonso VIII

Camariñas

La Voz Carballo/ La Voz

Bota a andar unha nova edición do Encaixe no Camiño, hoxe coa apertura do mercado artesán 

25 Jul 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Incluso máis atrás no tempo ca Corcubión viaxará Camariñas esta fin de semana. Foi entre o 21 e o 25 de agosto do 1228 cando o rei Alfonso VIII de Galicia e León —IX para a historiografía española— visitou varios pobos da Costa da Morte. Ese é o momento que recrearán mañá pola mañá en Camariñas, camiñata ata Cereixo incluída para o domingo. Sábado e domingo serán os días máis intensos, con teatro, artesanía, gastronomía, saber local, concertos ou desfiles de moda, mais O Encaixe no Camiño, a cita que aglutina todo isto, botará a andar xa hoxe. Será ás 17.00 horas cando se dea por inaugurado o mercado de postos artesáns, algo que se fará acompañar de animación musical. Organiza un ano máis a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

Hoxe

Mañá, sábado

Domingo

Todos os días


Comentar