Vén de publicar a novela «O náufrago» en relato ambientado na Costa da Morte que presentará na zona nos vindeiros meses
31 Dec 2009. Actualizado a las 02:00 h.
José Antonio Pet Posse (Tella, Ponteceso, 1941) é un galego convencido. Leva desde os 16 anos vivindo en Cataluña e ten unha boa cantidade de libros publicados. A maioría en castelán, conta. Pero, pese á distancia, pese ao escaso contacto coa lingua nai e pese a que recoñece ter maior soltura co castelán, recoñécese galego militante e fala en galego tan pronto como intúe que o seu interlocutor é desa procedencia. A súa última novela,