? asociación de Amigos do Cabalo de Baio celebrará o vindeiro día 29 unha cea-baile no restaurante Casa Cruz co obxectivo de reunir a tódolos afeccionados ó mundo do cabalo. Emilio Busto é o presidente da entidade.
-¿Cal é o motivo que os levou a celebrar esta cea?
-Claramente o que pretendemos é fomentar as relacións entre a xente que disfruta deste noble animal e falar do noso futuro.
-¿Cántas asociacións ecuestres hai na zona?
-Na actualidade hai cinco, é o caso da de Baio e as de Camariñas, Vimianzo, Ponteceso e Cerqueda. Estamos pensando nunha unificación para ter unha entidade máis potente.
-¿Que proxectos teñen?
-O que máis nos ilusiona é o de crear unha escola de equitación para que os nosos rapaces poidan aprender a montar e converterse en xinetes e amazonas.
-¿Como se ve o mundo a lombos do cabalo?
-Moi ben. Notas que a xente de a pé quédase ollando, especialmente os pequenos. Saímos as fins de semana e chegamos a recunchos onde só se pode chegar a cabalo.
-Tamén é un recurso turístico, ¿non?
-Por descontado. Ademais de crear unha escola, tamén imos establecer rutas turísticas para que, por exemplo, calquera familia poida saír ás Torres do Allo, en Zas, a dar un agradable paseo pola volta vendo vales, ríos, carballeiras e tamén o mar.
-¿Que lle demandan ás administracións?
-Pois que coiden os camiños e pistas forestais. Ademais, as axudas económicas que nos poidan ofrecer serán de vital importancia para desenvolver os nosos proxectos.
-A monta xunta ós vellos e ós mozos.
-Homes e mulleres de tódalas idades. O máis novo ten 9 anos e vai de paseo cun veterano de 75. Montar a cabalo é unha paixón para toda a vida.