Zurrumalla fan do folk unha festa

La Voz

VIGO

09 dic 2011 . Actualizado a las 13:04 h.

Zurrumalla é unha formación que leva once anos estudando e tocando por toda Galicia a música tradicional. Eles conseguen facer de cada actuación unha festa. Cun estilo musical baseado no tradicional e achegándose a un folk propio, aportan composicións e arranxos que farán as ledicias do público. Recollendo estes once anos de percorrido, Zurrumalla ven de editar un traballo discográfico en dous cedés que inclúe un repertorio de vintecinco pezas titulado O que había e? O que hai. Pois mais claro, auga,

Bar Liceum de O Porriño

Día: Sábado, 10.

Horario: 23.30 horas

Entradas: 3 euros