Os baioneses disporán dos servizos integrados do operador galego R a partires do segundo semestre

La Voz

VIGO

Os veciños de Baiona disporán no teceiro trimestre de ano da conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego, R. A compañía prevé levar os servizos integrados de teléfono fixo e móbil, internet de alta velocidade e televisión dixital a uns de 4.600 fogares e locais empresariais de Baiona. Cun investimento a medio prazo de preto de 2,28 millóns de euros, R comezará os traballos para despregar o seu cableado e os seus equipos e para realizar as canalizacións necesarias no núcleo urbano. De feito, as obras comezarán a vindeira semana nas avenidas Sabarís, Santa Marta e Das Areas e continuarán nunha segunda fase nas rúas Ecuador, Marqués de Quintanar e Palos de la Frontera. O operador galego acometerá arredor de 8,86 quilómetros de canalizacións e estenderá uns 7,72 quilómetros de fibra óptica. Ademais instalaránse dúas cabinas telefónicas para abrir, por vez primeira en Baiona, o servizo da telefonía pública á libre competencia.

Ademais xa está en marcha o novo servizo de televisión dixital interactiva con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis dun cento de canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade.

Tamén se poderá contratar o servizo de móbil R, integrado así mesmo na oferta de telecomunicacións do operador galego. Os clientes de móbil R poden chamar a 0 céntimos/minuto a todos os móbiles e fixos do mesmo contrato se teñen contrato de móbil e fixo (1). O operador galego ofrece, ademais, tarifas flexibles e decrecentes, de xeito que a máis chamadas realizadas e mensaxes enviadas, a tarifa diminúe.