pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

A cita coa videocreación de O Condado «Mívico 07» sáldase cun millar de espectadores

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O documental Ainda há pastores , do director portugués Jorge Pelícano, a curtametraxe For(r)est in the des(s)ert , do creador vasco Luiso Berdejo e a videocreación de animación La gallina ciega , da vasca Isabel Reguera foron as fitas gañadoras da I Mostra Internacional de Videocreación o Condado (Mívico 07) nas categorías de Mellor Documental, Mellor Curtametraxe e Mellor Videocreación, respectivamente, outorgados polo xurado. As películas gañadoras competían con máis de cincuenta traballos, procedentes de países como Noruega, Reino Unido, Estados Unidos, Cataluña, País Vasco, Valencia, Madrid, Portugal e Galicia.

Coa entrega de premios no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas quedou clausurado onte o Mívico 07, unha primeira edición que congregou a máis de mil persoas e que deixou máis de cincuenta proxeccións, dous concertos a cargo de grupos destacados do panorama actual luso (Smartini e Musgo)e dous obradoiros de videocreación (a cargo de Miguel Seoane) e de música electrónica en directo (a cargo do Colectivo Oruga, de Ponteareas).

Rostros coñecidos

Entre os asistentes puideronse ver rostros coñecidos da escena audiovisual galega, entre eles o actor Miguel de Lira, a directora mosense Lara Bacelo, que estreou no Mívico o seu documental Conversas con deus , os directores David Vázquez e Manuel Vázquez así como diversos actores e curtametraxes como Las dos vidas de Ernesto Pena .

O xurado estivo composto por Iñaki Antelo, actual director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o videocreador Miguel Seoane, membro ademais do colectivo Alga e pola creadora Eva Díez, directora de fotografía de Verve Audiovisual.

Valoración

A organización do Mívico 07 fixo unha valoración moi positiva das tres xornadas do festival celebrado na vila de Ponteareas, atendendo tanto á calidade dos traballos presentados e á resposta do público como á evolución do evento ao longo dos días, que creceron en intensidade no que a actividades paralelas se refire.

En palabras do coordinador do festival, Cuco Pino, este é «o primeiro paso para asentar o Mívico e para tomar contacto co público e cos creadores». A cita, que se presentou coa intención de servir de escaparate da actualidade da videocreación en Galicia e no resto do mundo, naceu con vontade de continuidade.

A organización xa ten previsto facer a próxima edición e traballará para que dure moitos anos.

 

ENVIAR NOTICIA  

A cita coa videocreación de O Condado «Mívico 07» sáldase cun millar de espectadores

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.vigo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.vigo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd