Habitación desordenada

Laura Guinarte Redondo

SOCIEDAD

Habitación desordenada, típica dunha adolescente, entra ela recén duchada, mollando todo o chan. Acende o ordenador. Nada. Soa o teléfono da rapaza. É a súa amiga Leyre. Só ela e mais Leyre saben o que lle pasou a Maika a noite que desapareceu. Baixa á cociña, toma o almorzo e vaise correndo ao instituto. Alí encóntrase con Leyre, non moita xente bota de menos a Maika dende a súa desaparición. Os seus pais contrataran detectives privados e a policía está investigando, aínda e despois de un ano, o seu caso.

Leyre e Esther investigaran pola súa conta e descubrírano, claro que elas sabían máis cousas sobre Maika que calquera outra persoa. A nai de Maika dende que desapareceu a súa filla non saíu da casa. Soa o móbil de Leyre. «Número privado». Cólleo, ¡a policía resolveu o caso! Pensaredes: ¡Que ben! Pois non, que mal, porque este caso non é como os demais. Maika non desapareceu, foise ela. Si, foise porque quixo, sen dicirllo a ninguén. Bueno, si, a unha persoa: ao seu mozo, Daniel. A policía detera a Daniel, Maika deixou probas que implicaban a Daniel porque non quería que este a seguira. ¡Non! Pensou Esther, isto sería moi inxusto para el. Díxolle a Leyre que llo tiñan que dicir, claro que a policía faría dúas cousas completamente diferentes: unha, non as crería, ou dúas, acusaríaas a elas de delito por non dicir nada antes.

Mentres tanto, Maika nunha illa deserta, sen preocupacións, comendo cocos e froitas tropicais, esquecendo todo, mesmo os males que puido facer.

Pareceravos inxusto, pero todo o mundo ten razóns para facer o que quere facer. Maika tenas, pero iso xa sería outra historia...