Ao xeito dun nacente aturuxo

Carla Rodríguez Varela

SOCIEDAD

Ao xeito dun nacente aturuxo, dunha pioneira luz na alborada ou dun empurro ao principio da túa propia travesía, a súa chegada espertou en min ese cobizado sentimento no meu peito.

Foi cousa de tempo que me dese conta de que o noso encontro non só sería froito dunha coincidencia, senón tamén da fusión de dúas almas que durante anos erraran polos camiños da terra sen colofón ditado.

Nese serodio mes de xuño, co verán xa ben acomodado, a miña proposta cumpría todos os obxectivos de converterse nunha etapa de relaxación e meditación a intres de regresar á monótona rutina.

Inmersa no círculo folclórico característico desta época, topei de súpeto con aquel que habería de acrecentar o meu xúbilo.

Os seus andares e o seu varonil porte gozaban do meu afán persecutorio día e noite, sen acougo. Tremábanme as pernas e desconxuntábaseme o corpo con só nomear o seu nome.

Co tempo, as nosas miradas buscábanse entre a multitude fora cal fora o noso cometido, botando por terra todo aquilo alleo á nosa particular odisea.

Nada nos saciaba nin nos resarcía, mais a súa marcha era inminente.

Home de mar, home navegante, home que durante longos meses ansiara a terra ao xeito dos mariñeiros de cabotaxe na súa viaxe.

A nosa inquedanza convertérase en estridente para as nosas ánimas sedentas.

Esta enteireza mantívome morta en vida na súa ausencia.

Agardei a súa volta como alma en pena, paseniño da miña soidade. A prol da miña tristura, da miña desazón, desarmei o meu espírito, suxeiteime ao seu corazón.