Os anuncios destes produtos que se emiten nesta lingua na Televisión de Galicia suman xa o 82%
31 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.Cada vez máis xoguetes parlantes ensinan aos máis pequenos as letras, os números e demais conceptos básicos en castelán e diferentes idiomas estranxeiros, pero o galego é o gran ausente. A Asociación de Pedagogos de Galicia reclama a fabricación de xoguetes en galego para facilitar a aprendizaxe e o uso da lingua. O presidente deste colectivo, José Manuel Suárez, sinalou que «os nenos poden falar diferentes idiomas nas distintas situacións da súa vida» e é en idades tempranas cando son capaces de adaptarse e aprender máis facilmente.
Por iso, en opinión deste colectivo, resulta de especial interese aproveitar o recurso do xoguete para a aprendizaxe, en especial no caso dos xogos interactivos que só terían que engadir un idioma máis no seu menú.
Cada vez son máis os anuncios televisivos de xoguetes que se poden escoitar en galego na TVG (un 82% estas Navidades), aínda que no mercado non se atopan no idioma no que se anuncian.