«De 105 lugares só quedan catorce sen saneamento»

emma Araújo SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

01 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Adolfo Gacio leva 28 anos de actividade política en Boqueixón, aínda que os oito primeiros foi como tenente de alcalde. O seu partido sempre gobernou cunha moi sobrada maioría, un resultado que pensa repetir no 22-M.

-Neste mandato o seu partido ten 8 concelleiros e tres o PSOE. Atrévese a facer unha quiniela.

-Penso que vai ser 8 para nós, dous para o PSOE e un para o BNG. En todas as eleccións de Boquexión sempre se presentaron tres forzas, pero non sempre saíron. O BNG foi alternando e hai catro anos non conseguiron representación. Agora parece que lles toca.

-¿Cal é a valoración que fai dos últimos catro anos de traballo en Boqueixón?

-Houbo cousas que nos quedaron por facer por falta de cartos e que pensamos afrontar nos vindeiros anos. Falo, por exemplo, do plan de humanización das aldeas, un proxecto para que os veciños disfruten do seu pobo con aldeas coidadas, xa que o noso lema é ?Orgullosos de Boqueixón?.

-¿E as propostas para o inminente mandato?

-Nestes últimos anos tamén rematamos a rede de abastecemento, que agora ten 140 quilómetros, e nos queda parte da de saneamento, xa que de 105 lugares do concello só catorce non teñen este servizo. Son as casas máis illadas, polo que non é doado. Outro dos nosos proxectos foi completar a rede de locais sociais, Temos dez e só nos queda un para completar este servizo.

-Nestes anos tiveron que facer outro Plan Xeral. Vendo como está o sector da construción. ¿Foi mellor así?

-Nós pensamos nun concello para os veciños que viven nel, non con grandes urbanizacións que ao final poden traer moitos problemas nun municipio pequeno como o noso. Neste momento xa temos o Plan Xeral rematado con todos os informes sectoriais. A idea é presentalo no verán para que os veciños o coñezan e poidan presentar alegacións, aínda que moitas das que fixeran ao anterior documento xa están incluídas neste.

-Outro dos proxectos pendentes é o polígono industrial de Sergude...

-Nun primeiro momento o Concello quixo promover o proxecto pero os veciños optaron por facelo eles. Dende o Concello de Boqueixón tiveron o noso apoio pero o certo é que leva oito anos de trámites, e iso é moito tempo.

adolfo gacio candidato del pp y alcalde de boqueixón

Adolfo Gacio nació en Boqueixón hace 56 años. Está casado y tiene tres hijos. Es profesor en excedencia desde 1989. Entre sus aficiones, la lectura, el senderismo y los deportes naúticos.

Concejal de 1983 a 1991, es alcalde de Boqueixón desde esta fecha. También es portavoz del Partido Popular en la Diputación.