«Teño a seguridade de que imos a poñer en marcha algunha nova titulación neste mandato»

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

19 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha vez adaptados todos os títulos a Bolonia, é hora de pensar en novos estudos.

-¿Pensa en novos graos?

-O acordo foi que ata o 2012 non se abriría o mapa de titulacións, pero dentro da universidade xa empezaron a falar comigo sobre a posibilidade de incorporar novos estudos. Hai que facelo no marco económico no que nos atopamos, pero si teño a seguridade de que algunha titulación nova poderase poñer en marcha neste mandato.

-¿En que áreas?

-Non hai nada oficial, pero hai estudos que hai uns anos non se pensaban, e agora poden parecer interesantes.

-¿Poderase empezar a dar docencia teórica de Medicina noutras universidades?

-Non, é unha titulación da USC. As universidades temos uns procedementos de traballo que é nosa responsabilidade. Levounos meses facer o plan de organización docente e non contempla variacións respecto ao ano anterior.

-¿E en vindeiros cursos?

-O que pase nos próximos anos será o resultado do traballo interno da universidade. Hai moitos anos que a USC colabora co Sergas facendo posible a docencia clínica, e se os profesores da facultade imparten docencia aquí ou noutro sitio é unha cuestión de de organización interna, pero estamos falando de profesores da USC.

-¿Que consideraría un fracaso non acadar?

-Non penso niso. Temos que aproveitar todas as oportunidades, que van quedar moi encadradas ao coñecer os recursos do plan financeiro.