A Imaxe dun paseador de cans polo neoiorquino Central Park estase estendendo por estas latitudes. Ás mascotas hainas que sacar todos os días a pasear, e a moitas persoas que as teñen vailles ben que alguén se ocupe de facelo por eles. Así que Alejandro Iglesias Pampín, estudante de Psicoloxía, decidiu ofrecer o servizo en Compostela.
-¿Como se lle ocorreu ofrecerse como paseador de cans?
-Vin en Internet anuncios de empresas e persoas noutras cidades, entre elas Vigo e A Coruña, onde me confirmaron que hai demanda. Pensei que en Santiago tamén pode habela. Só levo unha semana anunciándoo en clínicas veterinarias, na rúa e nalgúns bares, pero aínda non xurdiu nada.
-Tamén se ofrece para facer recados. ¿De que tipo?
-Recoller a compra, roupa na lavandería e na tinturería ou calquera cousa dese tipo. Podo facer ese servizo só ou de paso que paseo ao can.
-¿E as tarifas, cales son?
-Por pasear cans cobro 3,5 euros por media hora e 5 por unha hora, pero coa opción de facer un prezo mellor se fose por mes. Se é só para recados, de 3,5 a 7,5, dependendo da distancia.
-¿E sería só durante o curso?
-En principio si, pero como son de Arzúa no me importaría vir no verán, se fose para dúas ou tres persoas, porque senón non me compensa.
-¿Como poden localizalo?
No teléfono 616 391 839 ou no correo paseo_y_recados@hotmail.com