«Non comprendo un alumno sen profesor nin unha USC sen alumnos»

La Voz

SANTIAGO

19 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

As súas responsabilidades políticas tamén saíron a colación durante o encontro.

-¿É vostede de dereitas?

-Eu son universitario que é do que se trata nestes momentos. Independente, non pertencín nin pertenzo a ningún partido político. Sempre colaborei con quen mo pediu, sen pensar na súa ideoloxía.

-¿Manterá a mesma actitude política que cando foi director xeral?

-A miña actitude na Consellería de Medio Ambiente levoume a colaborar en moitas ocasións con persoas de todo o espectro político e as evidencias están aí para quen queira velas.

-¿Que mensaxe lanzaría aos alumnos?

-Somos unha candidatura independente, plural e aberta que quere contar con todos os membros da comunidade universitaria na procura da excelencia. E eu non comprendo un alumno sen profesor nin unha Universidade sen alumnos.

-¿Que opina da deficiente calidade docente dalgunhas áreas da Facultade de Medicina?

-Medicina recibe os mellores alumnos da comunidade autónoma e incluso de fóra e temos a obriga de garantir a máxima calidade posible. A masificación froito das demandas da Xunta para aumentar as prazas e mesmo a petición do Parlamento están a crear un problema ao que teremos que facer fronte estes próximos anos.