O libro Níxer , editado por Xerais e promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG), será presentado mañá, ás 20.15 horas, nas instalacións do Casino de Santiago. No acto de presentación acompañarán aos autores -Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa e Moustapha Bello Marka- o editor Manuel Bragado e Isabel Iglesias Santos, responsable de Acción Contra a Fame. Níxer pretende ser «un testamento da traxedia humanitaria que se esta vivindo no país máis pobre do planeta. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave». Os dereitos de autor das vendas de Níxer foron cedidos polos autores a Acción contra a Fame e Cultura Solidaria.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios