O compostelán Manoel Bonaval expón no COAG como gañador do Roteiro de Creación do 2008

La Voz

SANTIAGO

06 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O artista compostelán Manoel Bonabal inaugurou na sala do Colexio de Arquitectos a exposición Anacos , unha mostra individual que tivo a oportunidade de facer como gañador da Operación Frechazo do Roteiro de Creación 2008. A montaxe pódese ver ate o 4 de xullo, pero a súa apertura coincide coa celebración da terceira edición do Roteiro de Creación.

Manoel Bonabal é pintor e gravador, é un dos impulsores da chamada arte postal. A súa proposta nese ámbito no Roteiro do pasado ano foi o artista máis votado polo público. Os outros catro que se clasificaron despois foron María Meijide, Neves Seara, Jo Redpath e Olmo Blanco, que gañaron unha exposición colectiva, que se abrirá ao día 9.

Os composteláns e visitantes poden participar no Roteiro deste ano na mesma experiencia, votando polos artistas que están implicados na Operación Frechazo. Para facelo dispoñen dunhas tarxetas que atoparán no Espazo Santa Isabel e nos talleres dos artistas que esta fin de semana e a próxima están abertos aos visitantes que o desexen. Nas tarxetas aparece a relación dos creadores cos símbolos dun corazóns ao seu carón, que poden marcar de un cinco a modo de votación. Logo deben depositalas en urnas previstas nos puntos de información. Igual que na pasada edición, o premio será unha exposición individual e unha colectiva aos catro finalistas.