pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | Rocío seoane Presidenta da asociación galega de ergonomía «Ergonomía significa adaptar o entorno á xente»

Construír lugares confortables e libres de perigo é o obxectivo dunha disciplina aínda descoñecida

Autor:
Tamara Montero
Fecha de publicación:

Previr os riscos derivados do desempeño do traballo diario é o cometido principal dunha disciplina descoñecida para a meirande parte da poboación: a ergonomía. Por iso, os profesionais deste eido decidiron asociarse hai agora un ano e así espallar a mensaxe de que é necesario tomar unha serie de precaucións no lugar de traballo. Rocío Seoane é quen está á fronte deste colectivo.

-Cando se fala de ergonomía, todo o mundo pensa no típico anuncio de cadeira ergonómica.

-Chegou un momento no que ergonómico se converteu nunha etiqueta para vender, pero a ergonomía comeza como unha disciplina na prevención de riscos laborais. Porén, agora converteuse nunha filosofía que busca adaptar o entorno ás persoas e non ao revés. É dicir, buscamos crear lugares usables, confortables e libres de perigo. Acadar este obxectivo implica tocar moitos paus, comezando polo deseño inmobiliario e rematando pola organización do traballo.

-Hai máis ou menos un ano que se creou a asociación. ¿Por que decidistes asociarvos?

-Queremos que a xente coñeza o que realmente é a ergonomía. Ademais, tempos como obxectivo implementar na xente esta conciencia de previr riscos no posto de traballo, así como validar novos xeitos de facer ergonomía.

-¿O voso traballo cínguese unicamente ao aspecto físico?

-Dentro do traballo da ergonomía hai moitas disciplinas. Falamos de saúde ou de biomecánica, pero tamén de psicoloxía, socioloxía ou deseño industrial. Trátase de crear un ambiente de traballo favorable para as persoas.

-¿As empresas están concienciadas na prevención de riscos laborais?

-Están coidando este aspecto moito máis que hai anos. Non ao nivel que os profesionais queremos, pero existen empresas moi concienciadas ao respecto. O problema máis grande é que as empresas non entenden a importancia da formación de base dos traballadores e non se implican neste sentido.

-Comentabas antes que tamén traballades o aspecto da organización do traballo.

-Si. Por exemplo, establecemos definición de funcións, horarios e quendas ou favorecemos a comunicación entre os empregados e os mandos. De todos os xeitos, ás empresas cústalles que alguén de fóra interfira na organización interna das tarefas.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | Rocío seoane «Ergonomía significa adaptar o entorno á xente»

Construír lugares confortables e libres de perigo é o obxectivo dunha disciplina aínda descoñecida

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Ergonomía significa adaptar o entorno á xente»
Seoane está á fronte da asociación de ergonomía
Autor de la imagen: | ÁLVARO BALLESTEROS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.