pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | DANIEL BUJÁN DIRECTOR DA NoVA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL DE SANTIAGO «Para gozar co Quixote hai que ter sufrido unpouco na vida»

Comeza unha nova etapa ao fronte desta biblioteca que ten como obxectivo que a xente se interese por ler

Autor:
Elisa Álvarez
Fecha de publicación:

Lector e amante do cómic, o novo director da biblioteca Ánxel Casal, ubicada en Xoán XXIII, aposta porque a xente lea, pero que goce facéndoo. -¿Cales son os retos como director? -Isto é unha biblioteca publica e ten unhas funcións marcadas xa polo seu nome, polo que non hai diferenzas con outros centros públicos. Quizais aquí o reto é que é a de Santiago, que nunca tivo unha biblioteca pública grande. Había un concepto equivocado de que a cidade tiña moitas bibliotecas, as universitarias, pero o servizo que dan non teñe nada que ver co noso. -¿Que ten que facer un bo bibliotecario? -O traballo dun bibliotecario universitario é moi diferente que o dunha biblioteca nacional ou o dunha pública. O noso é un traballo sobre todo de difusión. Acadar que a xente se interese polos nosos materiais. De aí que haxa que escoller materiais axeitados, culturais, que teñan interese como cultura pero ao mesmo tempo cheguen á xente. Se a min me gusta o cómic, coñezo e lin moitos, e sei de xente á que lle poidan gustar, o meu papel é indagar como podo acadar que esa xente lea eses cómics, ou esas novelas ou esas películas. Temos esa labor de achegamento e tamén de proporcionar a cultura dun xeito gratuíto. As bibliotecas teñen que xerar interese e non ser espazos mortos. -¿A xente cada vez le menos? -Non é tanto. A xente le, aínda que sexa o Marca . Agora se te fixas hai unha grande literatura de quioscos. Outra cousa é o nivel cultural tanto de cine como de literatura, pero existe un hábito de lectura amplo. Tamén é certo que este hábito non medra, pero non é pola cultura da imaxe ou do cine, xa que por exemplo en Xapón, onde máis xogos hai, tamén é onde a xente le máis. Non hai que dramatizar. -Hai quen di que non se escollen ben os libros de lectura dos escolares. -Eu son un gran lector, pero de rapaz era lector de cómic. Empecei coa colección dos Cinco e esas cousas aos 14 ou 15 anos, que non é gran literatura. De feito a literatura que aprendín na miña época parecíame un plomazo absoluto, e hoxe gozo con ela. Pode haber un problema na forma de achegamento aos rapaces da literatura. Non hai que agobiarse con que os rapaces teñen que gozar co Quixote. Eu disfrutei del cando o lín na universidade. Para poder gozar co Quixote tes que ter unha sensibilidade especial do que é a vida, tes que ter un pouco de poso, ter sufrido un pouquiño para poder emocionarte. Coa gran literatura hai que ter vivido e sufrido para comprender a súa profundidade. Darlle a ler o Quixote a un rapaz penso que é un erro.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | DANIEL BUJÁN «Para gozar co Quixote hai que ter sufrido unpouco na vida»

Comeza unha nova etapa ao fronte desta biblioteca que ten como obxectivo que a xente se interese por ler

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Para gozar co Quixote hai que ter sufrido unpouco na vida»
| marcos creo
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd