A Federación de Escolas Católicas estuda a dinamización do galego nos seus centros

La Voz

SANTIAGO

12 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Un cento de docentes de centros pertencentes á Federación de Escolas Católicas de Galicia celebraron un encontro onte nun hotel da cidade para avaliar medidas que favorezan a normalización e a dinamización do idioma galego nas súas aulas.

No acto participou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, quen resaltou o papel do profesorado na introdución dunha filosofía que valore o multilingüismo nos contornos educativos.

A secretaria xeral defendeu o consenso que se atinxiu para a aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que, dixo, «debe ser a base da política lingüística de quen goberne, co fin de evitar que a lingua sexa un elemento de discordia», e explicou iniciativas que organiza o seu departamento para o ensino.