Aos vinte e cinco anos, Carmen tentaba comer o mundo... Tiña intelixencia, beleza, saúde, e gustáballe ir sempre ao límite. Emprendeu viaxe dende Ourense ao Novo Mundo nos anos 50 sen ter ningunha dúbida de que alí acharía riquezas e emocións.
Coñeceu no Brasil a un home que lle mostrou unha vida de luxo á que non estaba acostumada.
Nunca preguntou de onde saía todo aquilo, e cando se decatou tivo que pagar co cárcere o vivir cun traficante de drogas. Na cadea tivo a súa filla María, saíndo de alí cando a pequecha tiña cinco anos xa. Carmen pensaba en retornar. Para acadar os cartos precisos comezou a xogar.
Ao principio sempre gañaba... ¡a sorte do novato!, mais despois perdía todo o tempo.
Fuxindo dos acredores mudou de cidade, e no novo destino coñeceu un home de color, Antonio, honesto e boa xente.
Casáronse deseguido e a vida de Carmen volveu á normalidade. En certo momento decidiu deixar de escribir á familia de España, que descoñecía as súas vicisitudes, pois estaba certa de que non ía volver endexamais. Só sería quen de retornar cunha boa posición económica e coa cabeza moi alta, o que xa non era posible. E a vida seguiu a un e ao outro lado do océano. Cando tivo o primeiro bisneto, a morriña fíxoa imaxinar que estaba en Ourense, rodeada por unha gran familia de brancos e mestizos, co bebé no colo.
Con todo, foi quen de conter a emoción, e deixou que internas bágoas engrosaran o pedregal da súa alma. ¡Tentou voar cara ao sol e derretéronselle as ás! Pero o seu apetito vital resistía ben. Co bisneto nos brazos, díxolle ao mundo ¡aquí estou! e deulle outro bocado á vida.
59 anos. Administrativa
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios