A Irmandade Xurídica Galega celebrará en xullo na cidade o seu congreso anual

La Voz PONTEVEDRA/LA VOZ.

PONTEVEDRA CIUDAD

31 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A irmandade Xurídica Galega celebrará en Pontevedra, o próximo mes de xullo, o seu congreso anual. Así llo trasladaron onte varios directivos da entidade ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que comprometeu o apoio do Concello ao evento. O fiscal Benito Montero, en nome do colectivo, explicou que a Irmandade ten por obxectivo impulsar e promover o emprego do galego na Xustiza. Na actualidade a Irmandade está formado por preto dun centenar de membros, desde avogados e xuíces ata notarios, procuradores e rexistradores. No congreso de xullo comprometeranse a empregar o galego unha vintena de profesionais, que sumaránse á Irmandade.