Festa para celebrar a restauración do muíño da Cancela en Salcedo

Ch. L.

PONTEVEDRA

17 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os veciños de Salcedo celebran cunha festa a restauración do muíño da Cancela, o segundo que arranxan a través da Asociación Héroes do Campo da Porta. O seu presidente, Ramón López, subliñou que o Concello aportou parte do material e os veciños, a man de obra.

Este muíño está perto de outro restaurado tamén polos veciños hai tres anos, pero polo outro lado da pista.

Os actos de celebración comezan hoxe, ás 21 horas, cunha conferencia de Calros Solla Varela, Arredor da moenda, no local de Cabanas. E o domingo, a festa trasládase a carón do muíño, que estará a funcionar durante todo o día, o mesmo que o seu compañeiro. Tamén haberá música p``opular e recital poético para animar a xornada, que inclúe un xantar popular e a inauguración do muíño con visita guiada.