Unha charla de Carlos Solla abre o programa «Patrimonio no medio»

La Voz

CERDEDO

19 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O profesor Carlos Solla Varela abre hoxe o ciclo Patrimonio no medio que a través de charlas e roteiros guiados quere dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico das parroquias da provincia. Trátase dunha iniciativa das consellerías de Cultura e Medio Rural, en colaboración coas Comunidades de Montes en Man Común, que se desenvolverá ata o vindeiro 8 de xuño.

A actividade consiste nunha charla específica da parroquia ou Concello elixido e logo, os domingos, un percorrido cultural máis lúdico, de 5 a 7 quilómetros de lonxitude e de escasa dificultade, para que poda asistir todo o mundo. Abre o ciclo a parroquia de Presqueiras e A Barcia do Seixo, de Cerdedo e A Lama. Carlos Solla falará sobre a etnografía e mitoloxía do Monte Seixo, ás 19 horas, no Casino de Antas. E o domingo está previsto un percorrido, con saída ás 10 horas da praza da Igrexa de Cerdedo. Nesta ocasión colabora a Asociación Cultural Portalén.

Para asistir aos roteiros -a fin de semana que ven lle toca a Castrosenín, Cuntis-, non se precisa inscrición previa. As rutas poderán suspenderse en caso de previsión de chuvia abundante, o que se avisará con carteis na parroquia onde se realice.