Luís Manuel García Mañá afonda na emigración galega en Brasil na súa última novela
OURENSE
«Máis que unha obra policiaca é unha novela de aventuras», explicou Fran Alonso sobre O grito de Ipiranga a última novela da triloxía do aventureiro Nemesio Castro, «un home común, pero moi intelixente, valente e intuitivo» que naceu da capacidade literaria de Luís Manuel García Mañá hai mais de dez años.
O Xefe Superior de Policía de Galicia regresou onte a Ourense, nun acto mais emotivo que literario, para presentar a que é a última entrega dunha triloxía baseada nas aventuras dun home do século XIX. O grito do Ipiranga transcorre nun Brasil onde aínda hai escravitude pero no que os aires renovadores empezan a facerse presentes. É precisamente a ambientación histórica a que confire á novela unha base sólida.
«Ao estar ambientada no século XIX houbo unha intensa labor de procura e investigación histórica. Pódese ver o dominio que ten o autor sobre a historia de Brasil, una historia que está ao servizo da ficción», explicou Fran Alonso. Precisamente o autor fala ao longo da novela da emigración galega en Brasil, de moitos que non regresaron. Ao protagonista desta novela acompáñalle, nesta ocasión, outro galego, o cura Clemente da Silva.
Ao marxe da parte literaria do acto de onte no Paraninfo Otero Pedrayo, cabe destacar o encontro de Luís Manuel García Mañá con moitos amigos. Personalidades do mundo da cultura, da política, da economía, familiares, amigos e curiosos déronse cita para saudar ao autor e para, sobre todo, acompañalo na presentación. Incluso, una das anécdotas da xornadas xurdiu momentos antes de iniciar a conferencia, cando o director do IES Otero Pedrayo entregou a García Mañá o seu exame de ingreso no colexio.