Das historias dun cárcere de mulleres ás aventuras dun zoo

La Voz

OURENSE CIUDAD

Dúas propostas escénicas de compañías de Navarra e Madrid forman a oferta da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense para hoxe. No Teatro Principal, ás 20.30 horas, escenificarán os compoñentes do Grupo de Teatro UPNA (Universidad Pública de Navarra) a proposta escénica Presas. Unha montaxe da que son autores Ignacio del Moral e Verónica Fernández e que se artella en base ás historias e vivencias das internas nun cárcere de mulleres.

Os madrileños de Yllana estarán ás 23.00 horas no Auditorio de Ourense con Zoo, unha proposta escénica ideada, creada e dirixida colectivamente que conta a aventuras acontecidas para capturar un animal en vías de extinción.