O IES Otero Pedrayo abre aos cidadáns o seu museo de ciencias

Jesús M. García

CIENCIA

13 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O IES Otero Pedrayo inaugurou o seu proxecto de Museo Pedagóxico, instalado no soto, en dúas salas que amosan centos de pezas relacionadas coas ciencias naturais. É unha excelente colección preparada para ser disfrutada polos ourensáns que deberán pedir cita por Internet para visitas en grupos. Entre os aparellos hai unha fonte intermitente ideada por Kirchner, adquirida antes do 1860, un piezómetro de 1855, unha mesa alemá de aparellos mecánicos do 1878 ou unha pila de Wollastón, de antes do 1860, que é unha versión da de Volta...

«Este proxecto comezou no 1984 cos catedráticos Fernando González Suárez e Ramón Romero, que recuperaron pezas e gañaron dous premios nacionais en dous anos», di o director, Luis Fernández. No 1990 sente do Museo Luis Iglesias catalogou as pezas ata 1940. O instituto ourensán forma parte da rede de Museos galegos cos outros catro institutos máis antigos de Galicia. No 2008 adecentaron o local que agora está á vista do público. «temos pezas como unha tartaruga boba prestadas en Santiago para unha exposición», sinala o director. E quedan outros abxectos no fallado por restaurar. No claustro as vitrinas de sempre amosan novas pezas tamén. Para esta inauguración contouse coa conferencia de Gonzalo Iglesias, ex delegado provincial de Educación. Este falou do percorrido da educación ao longo dos séculos cun discurso moi completo para deterse na historia do IES Otero Pedrayo, ó que comparou coa Institución Libre de Enseñanza, que promovera na súa época un museo pedagóxico. O instituto ourensán ten as súas orixes no 1945 e o edificio actual data do 1869, inaugurado no 1891.