«As institucións teñen que axudar ao Ateneo, pero para actividades culturales, non para que sobreviva»
OURENSE
30 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
«Hoxe podo dicir que o meu rincón de Ourense é o Ateneo», di Xosé Antón Fidalgo Santamarina. Á entidade cultural está a dedicarlle «moitas horas e para iso hai que ter moito ánimo porque quita moito tempo». As institucións políticas, ás que se lle ten escoitado apoios difusos ao Ateneo, non sempre cumpren co que prometen. O presidente non pide más que a axuda «ás actividades culturais, non para que sobreviva economicamente». Engade que a Xunta, o Concello ou a Deputación poden estar paliando problemas financeiros o déficits económicos. Iso téñeno que solucionar os socios da entidade, pero non sempre pasa iso.