pub
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

NUESTRA ESCUELA : A nosa lingua, co corazón e coa cabeza

Fecha de publicación:

Desde que no ano 1981 foi aprobado o Estatuto de Autonomía de Galicia, un dos procesos máis tranquilos e dos que máis orgullosos podemos sentirnos é o de implantación da lingua galega no ensino. Paseniño, fóronse dando pasos seguros e ben valorados pola comunidade educativa: cursos de formación do profesorado, fermosas e entrañables campañas e concursos de promoción, materiais novos, emprego da nosa lingua na escritura e en diversas materias do currículo, etcétera. Desde os máis altos cargos da Xunta ata os docentes e alumnos nas aulas, traballouse arreo co corazón quente e enchido de ledicia, porque se trataba de algo moi noso, pero tamén coa cabeza fría e repleta de razóns, xa que o ensino require moita prudencia e cordura. Sabémolo ben os que tivemos a honra de percorrer este camiño desde a aula ata as maiores responsabilidades na política lingüística do Goberno galego, presidido por Manuel Fraga.

Foi un cuarto de século de equilibrio entre as dúas linguas, de flexibilidade e de concordia. Non obstante, no ano 2007, un decreto, e sobre todo a súa implantación, romperon esta tranquilidade. O férreo control do seu cumprimento, claramente fiscalizador, provocou unha onda de rexeitamento na comunidade educativa, avivada polos erros dun Goberno bipartito no cal, neste asunto, mandaba o nacionalismo. O corazón tomou as rendas e non houbo quen o parase. Nacían asociacións coma Galicia Bilingüe e moitas protestas e recursos contra intransixentes actuacións pedagóxicas e organizativas nos centros educativos.

Alberto Núñez Feijoo acadou a presidencia da Xunta. Por moitas razóns ben coñecidas, a este home non lle falta corazón para querer e defender a lingua galega, pero tampouco cabeza para racionalizar a situación e cumprir co seu programa político. Xa que logo, preséntanse unhas bases para a elaboración da nova normativa, que son iso, uns cimento abertos ao debate, no que xa están implicados todos os seus responsables. O documento ten máis aspectos positivos dos que parece nunha primeira ollada. Outros deberán mellorarse, froito do contraste de pareceres. Debe seguir sendo obxectivo esencial que os alumnos acaden un dominio das dúas linguas oficiais. O do inglés estamos lonxe de conseguilo, aspecto que hai que ter en conta na redacción da norma, pois non pode ser un documento de intencións. Cuestión a analizar tamén é a consulta vinculante aos pais, xa que pode dar lugar a máis problemas que vantaxes.

En fin, como din os futboleiros, aínda hai partido. Xa se fixeron propostas importantes e están anunciadas outras. O propio presidente dixo que se está en plena fase de consultas e que o texto xurídico aínda non está aprobado. Deixemos traballar aos responsables da política lingüística, co degoiro de que volva a tranquilidade ao ámbito lingüístico, que tan decisivo é na formación completa da persoa.

 

ENVIAR NOTICIA  

NUESTRA ESCUELA A nosa lingua, co corazón e coa cabeza

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Celso Currás
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.