pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Gañadora do Premio Xerais de Novela «Cada capítulo da novela podería ser lido como un relato»

Entrevista | iolanda zúñiga |

Fecha de publicación:

Primeira novela, primeira participación nun premio e primeiro premio.

Iolanda Zúñiga cambia de distancias, pero asegura que hai algo que conserva na novela dos relatos breves.

-¿Presentarse e gañar cambia a súa perspectiva da literatura?

-Teño algúns nervos porque era inesperado para min. Pero nada máis. Non creo que cambien moitas cousas. Quizais cos cartos gañe certa liberdade para escribir, quizais gañe un pouco máis de tempo para escribir o seguinte.

-¿De «Vidas Post-it» a unha novela, buscou ese cambio de xénero?

-En ambos casos, os libros tiñan as dimensións que pedía a historia. Periferia ten nove capítulos e o fío que os une non é tan decisivo como para que cada un deles non poida ser lido de xeito independente. Niso creo que hai unha relación entre os dous.

-No caso da novela tamén hai un escenario concreto, unha favela de São Paulo.

-Creo que é un espazo que lle vai ben, pero tamén podería ser extrapolable a calquera outra grande cidade. Fala das periferias e da xente que vive nelas. Fala, en realidade, da imposibilidade dos rapaces deses lugares de saír da circunstancia que teñen: fame, narcotráfico, armas. Utilicei esa paisaxe porque a vivín unha tempada, pero tamén foi dun xeito casual que cheguei a ela.

-¿Dende alí vese solución a todos eses problemas?

-Non estiven alí tanto tempo e tampouco son socióloga como para poder saber como derivaran esas cousas. Pero a impresión que teño é que cada vez esas periferias serán máis gueto porque hai moita xente de alá que non está interesada en saber o que pasa neses barrios. Tamén me parece que tanto a pobreza como o narcotráfico ou as armas son cousas que se retroalimentan de maneira que os rapaces alí non encontran outra saída que dedicarse a iso.

 

ENVIAR NOTICIA  

Gañadora do Premio Xerais de Novela «Cada capítulo da novela podería ser lido como un relato»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Cada capítulo da novela podería ser lido como un relato»
Iolanda Zúñiga publicou con Xerais «Vidas post-it»
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.