pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Os autores perderon peso entre os oficios teatrais a favor dos directores das compañías

encontros culturais | manuel lourenzo e rubén ruibal

Autor:
C.?F.
Fecha de publicación:

Escribir para voces determinadas é outro dos retos de alguén que escribe para actores. Teñen métodos diferentes para esta circunstancia.

Rubén Ruibal. No meu caso funciona polo oído. Por como fala a xente, pola música que ten. Pasoume en dúas cousas que acabo de facer. Unha delas coa compañía da Oficina, de Guimarães, e outra coa Escola de Teatro de Narón. No caso de Narón fun varias veces falar coa xente que integraba o reparto e era moi bo escoitar como falaban. Xa non só como se moven ou as cuestións máis particulares, como é a maneira con que se expresan dende o punto de vista da melodía.

Manuel Lourenzo. Igual eu son un pouco máis meticas. Cando teño que facer un texto para alguén fágome unha ensoñación sobre esa persoa. De ti, por exemplo [referíndose a Rubén Ruibal] teño a imaxe de Oé, oé, oé [montaxe teatral que protagonizou con Xosé Mexuto e Roberto Vidal Bolaño].

R.?R. Que cruel...

M.?L. Non, é unha imaxe que teño. A min gustoume moito aquel traballo. Pero a partir desa imaxe podo facer calquera cousa: un Drácula por exemplo.

R.?R. Iso é un pouco o que falabamos antes de escribir pola música da xente.

M.?L. Pero é que eu creo que non vexo á xente como se fose xente normal.

P. ¿Un autor de teatro non ten a tentación de escribilo todo e despois dirixilo?

M.?L. Cando escribo procuro non ir aos ensaios, nin influír para nada a quen dirixe agás que pidan cousas. Neses casos, ademais, prefiro que as cousas que haxa que falar garden un pouco de distancia porque non quero interferir. De todos os xeitos nunca me asustei da nada que fixeran cos meus textos e só unha vez me marchei porque me normativizaran un texto que estaba escrito en mínimos.

R.?R. Eu creo que son trampón. Cando escribo prefiro escribir dentro dun espectáculo. O que si me pasa é que non dou a lata. O director ten que facer unha lectura e contar o que lle pareza. Case nunca me gusta o que fan cos meus textos. A mellor relación que tiven cun director ata agora foi con José Luis Prieto, en Narón, e fun o primeiro día e o último. Hai moitos directores no país que seguen un manual de dirección que editou a Asociación de Directores de Escena no que se dicía que era mellor facer obras de autores mortos porque non dan a lata nos ensaios. Eu tomei nota e nos ensaios non me presento.

M.?L. Eu teño algunhas boas experiencias en canto a dirixir a autores vivos. Dirixín Zardigot , de Euloxio Ruibal, e recordo que tiñamos algúns problemas con algunha escena que eu consideraba unha reiteración. Pero el dixo: fai o que queiras, e agradecinlle toda a vida esa confianza.

R.?R. Dirixir é o máis complicado do que podes facer no teatro. Hai que enfrontarse a un texto e hai que poñelo en pé. É o máis difícil porque tes que pastorear á xente, poñelos de acordo e facer unha morea de cousas que non son sempre exclusivamente escénicas. Un autor só ten que preocuparse do que quere contar.

P. ¿Pero nos últimos vinte ou trinta anos o dramaturgo foi perdendo importancia?

M.?L. É así. Pero xa foi peor. Nos anos sesenta case era pecado escribir palabras de maneira que se vían moitas cousas. Eu penso que debe estar no escenario quen saiba falar, pero non só. Penso que quen non saiba falar no escenario vai ter moitos problemas para comunicarse.

R.?R. Cada época resolve as cousas á súa maneira. Se tomamos como referencia o que sucede en Galicia, o poder das compañías téñeno os directores. Son os propietarios desas compañías que levan anos funcionando e que levan anos recibindo axudas económicas e que, ademais, son as compañías que fan a política teatral deste país, porque en realidade son as que protagonizan as programacións e as que reciben as axudas económicas para facer teatro, tamén son as que escollen un ou outro tipo de teatro. Eses directores están cada vez máis distanciados dos autores. Unha razón podería ser, aínda que igual pode soar mal, que o autor pode resultar perigoso para o director, que poña en perigo a súa autoridade.

 

ENVIAR NOTICIA  

Os autores perderon peso entre os oficios teatrais a favor dos directores das compañías

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Os autores perderon peso entre os oficios teatrais a favor dos directores das compañías
Os dous dramaturgos falaron da súa experiencia cos directores
Autor de la imagen: | CÉSAR QUIAN
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.