pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

MÉXICO Guadalajara segue contando con ter a Galicia como invitada

Castilla y León será o convidado de honra na feira do libro mexicana do 2010

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

Guadalajara segue no horizonte da edición galega para converterse en comunidade invitada nun futuro non moi distante. O presidente dos editores galegos, Alfonso Sanmartín, entrevistouse onte coa directora da feira do libro desa cidade mexicana, Nubia Macías, e explicou que as «perspectivas son boas pero non podemos dar unha data».

Para Alfonso Sanmartín o sector editorial galego «ten colocada unha pica en Guadalajara e seguimos traballando para poder estar presentes pronto na feira como comunidade invitada». A feira deu a coñecer xa cal será o invitado do ano próximo despois de que este fose a cidade norteamericana de Los Ángeles. A comunidade invitada será Castilla y León, unha comunidade cun sector editorial considerablemente máis pequeno que o galego. Neste sentido, considera o presidente dos editores que Galicia «non debería ter problema para estar presente como invitada». Trala entrevista coa directora, na que tamén participou Francisco López, director xeral de Cultura, Sanmartín asegurou que o camiño é bo e que Galicia conta co «recoñecemento da organización».

A presenza dos editores e autores galegos na feira máis importante de Iberoamérica permite tamén a relación do sector editorial co empresariado galego afincado en México. Segundo Sanmartín, a intención da sector galego para esta feira do libro e para a edición na que Galicia sexa invitada de honra é «converter a feira nun referente da presenza galega neste país, aproveitar a importancia dos nosos empresarios aquí para traspasar o ámbito cultural e reclamar a atención do empresariado sobre Galicia».

Na tarde de onte tamén se celebrou unha mesa redonda na que participaron editores galegos e mexicanos. Ademais de expoñer as particulares experiencias de cada editorial -por parte galega participaron Sanmartín e Víctor Freixanes-, o presidente dos editores sinalou que xa se estaban dando algunhas colaboracións entre editores dos dous países. Sanmartín sinalou que había xa colaboración «no asesoramento porque o problema de México non é tanto editar como asegurar os cobros e hai certa colaboración entre un e outro lado, unha colaboración que pode pasar a outros niveis».

En canto ao interese que esperta Galicia na feira segundo Sanmartín, «hai curiosidade por parte dos visitantes e o noso protagonismo está consolidado porque temos tres autores no programa xeral e a Manuel Rivas o reciben como un primeira liña e Fina Casalderrey está encontrando moito e moi bo eco nas actividades en centros educativos». Apuntou o presidente dos editores que polo stand da AGE estaba pasando «moita xente nova, moi interesada nos autores galegos e na literatura que fan».

 

ENVIAR NOTICIA  

MÉXICO Guadalajara segue contando con ter a Galicia como invitada

Castilla y León será o convidado de honra na feira do libro mexicana do 2010

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Guadalajara segue contando con ter a Galicia como invitada
Galicia ten un stand presente na feira mexicana
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.