pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

miguelanxo prado Novo académico de Belas Artes «Para que o cómic sexa máis visible como arte hai que pagar unha peaxe»

O autor de «Trazo de tiza» ou «De profundis» entende a súa entrada en Belas Artes como a aceptación académica da linguaxe do cómic «por primeira vez en España»

Autor:
Rodri García
Fecha de publicación:

Xa debuxaba antes de pensar en facerse biólogo e logo decidirse pola arquitectura, aínda que non acabou estes estudos. É a prehistoria artística de Miguel Anxo Prado Plana (A Coruña, 1958) que pode verse nun apartado da súa web (miguelanxoprado.com) chamado Paleontoloxía. No mundo do cómic recoñecen que o autor do multipremiado Trazo de tiza foi sempre abrindo camiños; onte deu un paso máis co seu ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes -«en recoñecemento aos destacados méritos do artista», acordaron os académicos; un novo chanzo xa que por primeira vez en España unha academia deste tipo admite a linguaxe do cómic. Formará parte da sección de arte e imaxe.

-¿Pensouno moito?

-Dábame repelús o asunto. Inicialmente me resultou un tema alleo, en canto a esencia académica; eu movinme sempre fóra deses circuítos e non me resultaba algo próximo e natural dentro do meu entorno.

-¿Por que aceptou?

-Houbo dúas razóns de peso para aceptar. A primeira é que se trata de algo de índole colectivo, non persoal e que desde dentro da Academia pódense facer cousas. Se eu rexeitaba ía ser moi complicado que unha institución volvese a facer unha proposta así en moitísimo tempo. A segunda razón foi que desde fora colegas e xentes do medio me comentaban iso e ademais a proposta coincidía coa polémica por ese artigo tristemente célebre de Molina Foix.

-¿Que dicía Molina Foix?

-Que lle parecía unha aberración un premio nacional de cómic; non llo parecía que haxa o de circo ou deseño gráfico, por citar dous que parecen ben. Pero é que facía unha comparación groseira de Mortadelo e Filemón con Joyce ou Proust.

-E iso enfadounos, ¿non?

-A xente dicía que pagabamos as nosas posturas porque durante todo o século vinte xogabamos nas marxes do sistema cultural e iso foi moi positivo, nos mantivo limpos de moitos dos vicios das Artes, con maiúscula. Foi unha progresión máis en contacto coa sociedade, algo propio do cine e do cómic. Manternos na postura de outsiders e ver ese boato con certa displicencia formaba parte do entramado e iso favorecía este tipo de cousas, como o artigo de Molina Foix.

-¿Non lle retrucaron?

-Eu sempre dixen que a incultura non ten que ver cos títulos académicos e demóstrase por moitos outros camiños; cando algún é tan burro, porque non ten outro cualificativo, para comparar a Mortadelo con Joyce, García Márquez, Cortázar ou Delibes; ten que haber un elemento comparable entre os termos, que os compare coas obras de cómic de gran altura literaria e narrativa.

-Todo iso, ¿tamén axudou a que aceptara o ingreso?

-Ao final, o lóxico era que aceptase como representante dunha linguaxe, é algo que nos fai visibles e para iso temos que pagar unha certa peaxe: decidir se nos movemos nos terreos destes cen anos nos que o cómic sobreviviu de xeito moito máis asilvestrado ou nos abrimos. A cantidade de obras que neste cen anos o cómic ten aportado a cultura en xeral é apabullante. De tódolos xeitos, seguirá habendo unha porcentaxe elevadísima de francotiradores.

-Na súa web ten bosquexos, garabatos, borranchos..

-Eu prantexeina desde o punto de vista de quen ve páxinas, máis alá das que parecen catálogos comerciais, e apetecíame facer unha especie de xornadas de portas abertas de ver as cousas que facía cando eu nin soñaba con ser profesional disto, dende que empecei a debuxar, hai debuxos anteriores ao bacherelato.

 

ENVIAR NOTICIA  

miguelanxo prado «Para que o cómic sexa máis visible como arte hai que pagar unha peaxe»

O autor de «Trazo de tiza» ou «De profundis» entende a súa entrada en Belas Artes como a aceptación académica da linguaxe do cómic «por primeira vez en España»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Para que o cómic sexa máis visible como arte hai que pagar unha peaxe»
Miguelanxo Prado falou de debuxo e animación no discurso de ingreso en Belas Artes
Autor de la imagen: | CÉSAR QUIÁN

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.