pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

exposición O aniversario de «A Esmorga» revive a obra fotográfica de Blanco Amor

A exhibición pertence ao Outono Fotográfico e recolleuse en 1993 nun libro editado polo Clube Alexandre Bóveda

Unha exposición mostra en Ourense 64 pezas con retratos de personaxes e imaxes das viaxes do escritor

Autor:
Javier Romero
Fecha de publicación:

A mostra Eduardo Blanco Amor e a fotografía é un traballo que xermola na vontade do colectivo cultural Alexandre Bóveda no momento en que a Deputación compra os fondos gráficos legados polo escritor Eduardo Blanco Amor aos seus familiares. Florece sobre as follas da publicación que este colectivo editou en 1993 baixo o irrebatible epígrafe Eduardo Blanco Amor fotógrafo. E a resulta chega no 50 aniversario da publicación de A Esmorga e o trinta do pasamento do autor. Trátase dunha exposición que recollen a faceta de fotógrafo do artista ourensán, con pezas que proceden dun traballo que no seu día coordinou Benito Losada, a mesma persoa que hoxe dirixe o Outono Fotográfico, certame no que está enmarcada a mostra dedicada a Blanco Amor e que poderá verse no Auditorio Municipal de Ourense desde o próximo día 24 de novembro é ata o 1 de decembro. As 64 pezas expostas, segméntase en tres apartados: personaxes, viaxes e Galicia. Persoeiros da historia nacional e galega como Azaña, Lorca, Maruja Mallo, Rafael Alberti, Indalecio Prieto ou Castelao, entre outros, os retrata Blanco Amor dende a proximidade que lle brindaba a súa boa relación con cada un deles. No marco das viaxes, son as súas experiencias por Venecia, Chile, Patagonia, Marrocos e o resto dunha España rural empobrecida, aos obxectivos desta paixón altruísta. No escenario galego, as estampas fixan a sal de prata do seu papel nos oficios que imperan nun rural decimonónico que se estende do interior a costa sen excepcións, coa presenza frecuente da figura da igrexa e os seus rituais.

«O fillo da florista»

O fillo da florista

é o título do seguinte volume editado por o colectivo ourensán en 1998, e que xustifica a outra mostra incluída no Outono Fotográfico, onde o escritor fillo dunha florista é o personaxe retratado por outros profesionais dun arte cada vez máis plural e emerxente. As imaxes publicadas, nesta ocasión, ofrecen o perfil iconográfico -e social- que o escritor non acadou en vida.

 

ENVIAR NOTICIA  

exposición O aniversario de «A Esmorga» revive a obra fotográfica de Blanco Amor

A exhibición pertence ao Outono Fotográfico e recolleuse en 1993 nun libro editado polo Clube Alexandre Bóveda

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
DURANTE O EXILIO EN IBEROAMÉRICA. Rafael Alberti, María Teresa León e a filla de ambos, Aitana, en Buenos Aires no ano 1960.
RELACIÓN MOI PERSOAL. Retrato de Federico García Lorca na Huerta de San Vicente, en Granada, datada en 1935.
DURANTE O EXILIO EN IBEROAMÉRICA. Rafael Alberti, María Teresa León e a filla de ambos, Aitana, en Buenos Aires no ano 1960.
DURANTE O EXILIO EN IBEROAMÉRICA. Rafael Alberti, María Teresa León e a filla de ambos, Aitana, en Buenos Aires no ano 1960.

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.