pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

encontro Falar cos lectores sen perder o papel decisivo que ten o autor

| Inma López Silva e Agustín Fernandez Paz

Autor:
C.?F.
Fecha de publicación:

Que pasa cando os lectores deixan de ser unha imaxe difusa e adquiren proximidade co escritor? O modelo de relación entre autores e lectores cambia con rapidez, como cambian as posibilidades de comunicación ou como cambian as posibilidades de soportes para a lectura. Fernández Paz non fuxe dos correos electrónicos nin do que din neles os seus lectores, pero prefire unha relación «máis como a de sempre». López Silva comenta que quizais o papel do escritor non estea cambiando tanto como «semella dende fóra» e chegan á conclusión coincidente de que a literatura «é un traballo para unha soa persoa». Non confía ningún dos dous nas escritas colectivas que, segundo Paz, «poden funcionar unha vez de maneira excepcional».

Tanto Paz como Silva confían en que o papel dos escritores segue sendo o mesmo, cubrir a necesidade de historias que ten a xente e que, explica Paz, «é o que nos fai diferentes; a especie humana precisa de que lle conten historias». Logo engade que esa maneira de proceder vale tanto para Tolkien como para os guionistas de The Wire.

Escoitar os lectores

Escoitar e interactuar son cousas distintas e nesa coincidencia están os dous autores: «Hai que escoitar os lectores, pero quen escribe seguimos sendo nós», sinala Silva. Paz asegura que «escoitar si e falar tamén, pero cambiar é outra cousa». O narrador conta como algúns lectores de Cartas de inverno pediron que cambiase o final. «Recibín algúns correos que dicían que lles gustaba moito o libro, pero que o final non era o que precisaba a historia». O escritor asegura que foron tantas cartas que fixo «un modelo de resposta de case dous folios« nos que explicaba a cada lector que non concordaba co final cales eran os seus «motivos para mantelo así». López Silva cre que un autor «debe manter as súas historias se está convencido delas».

Retos dun oficio

Postos a facer un repaso dos retos que teñen os escritores, nin Paz nin Silva consideran que haxa moitas diferenzas entre ser escritor galego ou de calquera outro lugar. As diferenzas, apunta Paz, «poden ser das circunstancias que nos rodean, pero non como escritores». López Silva asegura que a literatura galega está na media de calidade do entorno cultural de Galicia e Fernández Paz engade que «hai obras que están por riba da media, como ocorre en todas as literaturas». Aseguran ambos os dous que os retos non teñen tanto que ver co literario como coa visibilidade desa literatura.

Apunta Fernández Paz que se pode entender «o sistema literario como uns círculos concéntricos nos que os escritores galegos temos dous retos: temos que convencer o primeiro círculo que é o inmediato e logo temos que tentar convencer tamén os que están máis lonxe de nós». Paz considera que hai momentos nos que «parece que é máis difícil convencer os de aquí».

López Silva continúa o argumento apuntado que é necesario un labor de internacionalización do que se escribe en Galicia. Entre outras cousas porque a «calidade media do que se fai nos permitiría ir a calquera lado». Consideran os dous que non se trata dun problema de tamaño e citan o caso de Islandia como referente. Fernández Paz sinala que na illa do Atlántico norte poden vivir 400.000 persoas. «máis ou menos como en Vigo, e non obstante os seus escritores van tendo presenza internacional». Apunta que é fácil comprobar como «cando les os libros de autores islandeses hai sempre a constancia nas lapelas que xustifica o apoio institucional que esa tradución recibiu». Segundo Paz, a literatura galega é, como pouco, «tan boa como a islandesa aínda que o apoio institucional sexa diferente». Para López Silva, o mercado propio dos islandeses «é máis cativo que o noso e mesmo en termos de crise parece que Islandia está nunha situación peor». Cren que esa presenza no local e no internacional ten unha certa retroalimentación que, segundo apunta Fernández Paz, «cando a un escritor lle vai ben fóra en casa é mellor recibido».

A literatura sen problemas

Aseguran que se hai problemas en Galicia coa literatura non se debe nin á cantidade, nin á calidade nin á variedade, proceden doutro lado. Fernández Paz apunta que «nunca se leu tanto como agora mesmo» e para Inma López Silva as últimas xeracións de escritores foron engadindo moitos matices e moi variados, sinalando ademais que se foron «educando co galego nas clases, acostumados a ler e con menos prexuízos co idioma e por tanto coa literatura. E mesmo eu xa tiven oportunidade de ler a Agustín Fernández Paz cando era máis nova».

 

ENVIAR NOTICIA  

encontro Falar cos lectores sen perder o papel decisivo que ten o autor

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Falar cos lectores sen perder o papel decisivo que ten o autor
O obxectivo segue a ser cubrir a necesidade de historias da xente
Autor de la imagen: | X.?C. GIL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.