pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Indice de contenidos

encontros culturais «A grande eiva do libro en galego segue estando no xénero do ensaio»

| Manuel Bragado e Xosé Ballesteros

Autor:
Á.?V.
Fecha de publicación:

O gran valor do libro en galego sempre estivo nos creadores, o que contrasta coas debilidades que sempre amosou o sector na parte económica.

Pregunta. ¿En que xénero está máis forte a saúde creativa do libro galego?

Xosé Ballesteros. Debido a que unha gran parte do pastel das vendas do libro galego está dominado polo libro infantil, aí están moitos dos grandes autores. Tamén hai moi bos narradores. A grande eiva do libro en galego segue estando no ensaio, debido á precariedade das nosas universidades.

Manuel Bragado. Estou de acordo. Pero afortunadamente temos creadores recoñecidos en todos os ámbitos. Fora de triunfalismos que moitas veces expresan os políticos de que estamos na idade de ouro da literatura galega, é certo que nunca antes tantos títulos coexistiron nun catálogo histórico do libro en galego, no que xa hai cerca de 30.000 títulos. Tampouco houbo nunca tanta diversidade xeracional de autores. Hai fenómenos novos como é o das narradoras neste novo século.

P. ¿Como é a relación do editor cos autores que chegan co seu libro a unha editorial?

X.?B. Unha editorial é coma un autobús cheo que chega a unha parada que tamén está chea de xente.

M.?B. Temos que dicir que non a maioría das veces. Unha vez que asumes a responsabilidade de decidir que publicas algo -unha decisión que se fai en equipo- temos que acompañar aos autores e non malograr un bo orixinal. Tes que conseguir a visibilización do libro no mercado. O que ten que brillar é o autor. Non creo nos editores estrela.

X.?B. Ás veces é o revés. Cando consegues que a marca da editora sexa coñecida, é máis fácil que o autor chegue. Pero o que hai que ser é previsor. Nós temos xa definido o plan para o 2010. Aínda que hai variables que veñen da oportunidade de publicar algo en concreto moi interesante. Pero todo iso ten que ver coa economía, co márketing, coa capacidade de entusiasmar... Ser editor é complexo pero é un privilexio.

 

ENVIAR NOTICIA  

encontros culturais «A grande eiva do libro en galego segue estando no xénero do ensaio»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«A grande eiva do libro en galego segue estando no xénero do ensaio»
Bragado e Ballesteros intercambiaron libros das súas editoriais
Autor de la imagen: | G. RIVAS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.