«A súa foi unha traxectoria limpa, el xamais deu un paso atrás»

La Voz

LUGO CIUDAD

Cando Margarida Carballo Calero escoita falar da intensa actividade creativa que desenvolveu o seu pai en ámbitos como os da poesía, a narrativa ou teatro, ela responde que, por riba de todo iso, está «a súa dedicación á terra», o seu permanente compromiso con Galicia. «A súa foi unha traxectoria limpa, el xamais deu un paso atrás», di Margarida Carballo Calero, que ao igual que a súa irmá María Victoria segue mantendo viva, día tras día, a memoria de se pai. «¡Os seus días foron traballo, traballo, traballo, traballo...!», engade ela, á vez que expresa a súa gratitude polo empeño co que cidades como Ferrol ou Lugo reivindican un Día das Letras Galegas para o seu pai. Pero cando lle preguntan se este será, por fin, o ano de Carballo Calero, non se mostra demasiado esperanzada: «Pois non o sei -di ela-. A ver...».