pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

entrevista | eva moreda «Non quería facer a novela por excelencia da rapa das bestas»

Autor:
M. G. Balseiro
Fecha de publicación:

A escritora Eva Moreda (A Veiga, Asturias, 1981) presenta hoxe no Ámbito Cultural de El Corte Inglés da Coruña (20.00) Coruña, e o sábado en Ribadeo, o seu primeiro libro en formato longo, O país das bestas (Biblos), un achegamento a unha das tradicións máis estendidas en Galicia, a da rapa das bestas. É, como a mesma escritora recoñece, a primeira novela en galego sobre este encontro entre o home e o cabalo, e todo o submundo que os rodea, un marco no que queda de manifesto a rivalidade entre comuneiros e besteiros. A novela está encadrada en dous tempos, e presenta dúas historias paralelas, o pasado que representa a Guerra Civil e o presente do personaxe feminino, que se achega a un dos rituais máis ancestrais que existen en Galicia.

-¿Como xurdiu a novela?

-No 2004 fixen prácticas nunha empresa que tiña un proxecto de guía turística sobre as rapas das bestas en Galicia. Eu fun unha das persoas que investigou e fotografou, e aí empezou a chamarme a atención o seu potencial literario, aínda que levoume bastante tempo sacalo adiante, como tres anos. No 2005 presentei o proxecto da novela ao Premio Biblos, aínda que despois non din acabado o libro porque estiven no estranxeiro facendo outras cousas, pero á editorial xa lle gustara a idea e xa me ofrecera publicala. -É un recoñecemento a unha tradición profundamente enraizada no rural galego, é unha novela crítica... -Eu tiña claro que non quería facer unha novela por excelencia sobre a rapa das bestas porque a tradición na coñezo a fondo, non son de orixe besteiro nin comuneiro, e sería unha intromisión. A técnica literaria que elixín foi relatala a través dunha rapaza de orixe urbana que entra en contacto coa rapa, e por iso moitas das súas reaccións son as que tiven eu. Nalgún caso é de incomprensión e de contradición e de violencia. Máis que nada pretendín expresar o que eu sentín cando entrei en contacto con esta tradición de forma respectuosa.

-A piques de acabar en Londres o seu doutoramento en Musicoloxía, Eva Moreda é unha escritora prolífica. ¿En que está traballando agora literariamente?

-Por un lado, profesionalmente teño pensado dedicarme á investigación, e literariamente, agora mesmo coincidiu que teño varias cousas rematadas ou a punto de rematar. En concreto tres obras de narrativa e unha de poesía; dentro da narrativa, unha delas é unha novela máis extensa e as outras dúas en formatos máis breves. E agora o que toca é buscarlles saída, xa sexa a través de concursos ou mandándoas a editoriais a ver se lles pode interesar.

Eva Moreda debutou na literatura galega con só dezaseis anos coa narración Breogán de Guisamonde , que conseguiu o Premio Rúa Nova. Houbo que esperar ata o 2003 para poder ler O demo e o profundo mar azul , e un ano despois sairía á rúa Singularis Domitilla . Entre a temática dos seus próximos traballos está a da emigración, pero enfocada desde un punto de vista novidoso, como é o lingüístico, e a ruptura que supón para o emigrante o cambio non só de país, senón tamén de cultura e de lingua.

 

ENVIAR NOTICIA  

entrevista | eva moreda «Non quería facer a novela por excelencia da rapa das bestas»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Non quería facer a novela por excelencia da rapa das bestas»
Moreda presenta a súa obra hoxe na Coruña e o sábado en Ribadeo
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.