pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Máis alá das fronteiras do xénero, a novela policíaca gaña lectores para as letras galegas

O camiño aberto por «Crime en Compostela» segue a brillar hoxe con luz propia

Autor:
Ramón Loureiro
Fecha de publicación:

Neste caso, todo comezou con Reigosa, efectivamente. Con Carlos G. Reigosa, e coas levíticas néboas de Mondoñedo. Unhas moi literarias brétemas entre as que, igual que o vello Merlín dedicado xa unicamente ás pequenas maxias e o Sochantre que percorría a escuridade nunha carroza de defuntos -eses dous grandes personaxes que Álvaro Cunqueiro lle regalou á literatura universal-, comezaron a tomar forma, nun moi diferente tempo, o detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, os protagonistas de títulos como Narcos , A guerra do tabaco e esa xa máis que mítica novela titulada Crime en Compostela . A obra -esta última- coa que Reigosa gañou a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e título do que, poucos anos despois da súa chegada ás librarías, xa se levaban vendido, nun éxito sen precedentes nas letras de Galicia, máis de 30.000 exemplares.

Adoita dicir Reigosa que desde a publicación de Crime en Compostela , en 1984, Nivardo Castro e Carlos Conde «foron cumprindo anos» con el, a través de libros posteriores como o antedito Narcos , -outra novela na que o humor, un humor fondamente galego, está moi presente, por certo-, e por suposto do paso do tempo. E ten razón.

O caso é que entre aquel éxito sen precedentes do primeiro libro de xénero policíaco de Reigosa, froito en múltiples sentidos da etapa que el viviu na capital de Galicia como máximo responsable da axencia Efe (un éxito ao que hoxe case cabería calificar de fundacional), ata o que nestes momentos protagoniza Domingo Villar, houbo un longo camiño. Un camiño especialmente frutífero para as letras en lingua galega.

Desentrañar misterios

E un camiño, en calquera caso, o percorrido por libros, autores e seguidores ata estes momentos, que a novela policíaca galega transitou da man dalgunhas das súas mellores plumas, ata chegar a acadar o estable e moi envexable volume de lectores que hoxe ten no país este xénero, que vive unha nova idade de ouro.

Así o subliña, de feito, Carlos Lema, editor de Galaxia, poeta e un dos mellores coñecedores dese celebrado xeito de novelar -un dos que máis saben desa maneira de reflectir o que ocorre no mundo a través dos ollos dalgún investigador de rexo carácter, proclive a desentrañar misterios-, que tamén rende tributo á escritura de Reigosa e que sinala o que a narrativa policíaca representa, á hora de sumar lectores, para as letras de Galicia. «A novela policíaca, como xénero -di Lema-, xogou un papel fundamental á hora de espallar a literatura no século XIX entre lectores moi diferentes. E iso mesmo foi o que aconteceu en Galicia nos anos oitenta do pasado século, grazas á publicación de Crime en Compostela . Aquela novela de Reigosa atraeu moitísimos novos lectores, porque se move nun xénero moi dado a abrir o espazo social ao que se dirixen os libros, e a facer ese espazo moi variado».

Un fito importante foi tamén, na opinión de Lema, a aparición de autores -e de títulos, claro está- que desde unha certa «heterodoxia» souberon darlle un novo impulso a un xénero cheo de «referencias do cinema». O Santiago Jaureguizar de Comendo espaguetis diante da televisión , o Aníbal Malvar de Un home que xaceu aquí ou o Miguel Anxo Fernández que creou ao detective Frank Soutelo. O certo, di Lema, é que todos eses libros conseguiron chegar a un público marcadamente heteroxéneo, do que forman parte desde alumnos dos institutos ata persoas que triplican a súa idade e que buscan ante todo diversión, sen por iso renunciar a que a literatura policíaca sexa cada día máis o que hoxe se espera dela: unha narrativa que, máis alá das súas tramas, necesariamente sexan fieis ao que determina o mundo.

 

ENVIAR NOTICIA  

Máis alá das fronteiras do xénero, a novela policíaca gaña lectores para as letras galegas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Máis alá das fronteiras do xénero, a novela policíaca gaña lectores para as letras galegas
juan carlos abraldes

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.