A Fundación Caixa Galicia expón unha colección de Tino Grandío

La Voz LAVOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

A mostra inaugúrase esta tarde na sede da entidade cultural na rúa Nova As quince obras do pintor lucense que se poden ver son do fondo de arte da entidade económica

24 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A Fundación Caixa Galicia expón en Compostela os cadros do pintor lucense Tino Grandío que forman parte da Colección Caixa Galicia, un fondo integrado por máis de setecentas obras de arte que a entidade cultural da a coñecer a sociedade a través de diferentes mostras, tanto temáticas coma dedicadas a un artista concreto, coma neste caso. Tino Grandío (Losada, Lugo, 1924-Lugo, 1977) mereceu, entre outros, o calificativo de perito en brumas. Foi dos artistas que mellor plasmou na súa pintura o espírito galego, a decir dos críticos, en parte pola utilización de cores ocres e verdes, do predominio dos grises das veladuras cara as que evoluciona unha obra que empezou sendo máis figurativa e popular. Entre os quince cadros que se poden ver nesta exposición que se inaugura hoxe e que estará aberta ate o 15 de novembro chama a atención un retrato de xeneral Franco. Grandío pintouno por encargo de Carrero Blanco, que non chegou a velo, porque asasinárono o mesmo día en que o artista rematou de pintalo. O pintor lucense, que se definía políticamente de franquista, presumía de terlle feito a Franco «un retrato muy bueno», que ademais é insólito, porque o pintou de corpo enteiro, aínda que sentado, porque non permitía que o pintaran de pé pola súa pouca estatura. O xeneral non posou. Grandío tomou del algúns apuntes e serviuse de fotografías para a súa particular pose, sentado diante dnha mesa na que hai un florero con violetas. Autodidacta As outras catorce obras que figuran nesta exposición son das máis interesantes da traxectoria artística de Tino Grandío, un pintor autodidacta que ó pouco de empezar a estudiar Filosofía e Letras en Compostela sentiuse atraído pola música, ate o punto de que foi un virtuoso do órgano e de chegar a tocar moi ben a gaita galega. A Grandío descóbrelle as súas dotes para a pintura un primo. Foi en Madrid, donde desde moi novo se introduce nos ambientes artísticos e donde tamén monta a súa primeira exposición, en 1957. Despois vai expoñer a Barcelona, París, Nova Iorque, Lausana, Múnich e en Alexandría, nesta última cidade en 1965, donde participou nunha bienal na que lle concederon unha meción honorífica. O desaparecido pintor lucense foi distinguido con moitos galardóns e obtivo numerosos premios. Tivo como mecenas ó ruso Pablo Schabelsky e traballou coas galerías Kreisler e Fauna's, e a propietaria, Pilar Rodríguez Soto, é a albacea da súa obra.