Literatura, historia e arte na despedida do ano de Florencio

La Voz OURENSE

O BARCO DE VALDEORRAS

Ramón Pena, Víctor F. Freixanes e Xesús Alonso Montero, na mesa literaria das Xornadas Florenciófilas.
Ramón Pena, Víctor F. Freixanes e Xesús Alonso Montero, na mesa literaria das Xornadas Florenciófilas. cedida

Una ducia de expertos participan esta fin de semana en catro mesas de debate en Valdeorras

19 nov 2022 . Actualizado a las 17:47 h.

A comarca de Valdeorras despide esta fin de semana o ano no que Florencio Delgado Gurriarán foi protagonista das letras galegas. E faino con catro mesas de debate nas que participan unha ducia de expertos investigadores da cultura e a lingua galegas e que se reparten entre varios municipios da comarca. A Rúa foi o primeiro deles onte venres, cun foro literario no que participaron Victor F. Freixanes, Ramón Pena e Xesús Alonso Montero.

Á cita, que serviu de inauguración deste foro que leva pro título Xornadas Florenciófilas, acudiu o secretario de Política Lingüistica, Valentín García en representación da Xunta de Galicia. «Con Florencio Delgado Gurriarán, rendémoslle homenaxe tamén ás persoas que levaron consigo ao exilio, e alí mantiveron e defenderon, a lingua galega e, como non, tamén ás terras de Valdeorras das que a súa poesía nos fala con frecuencia», dixo García.

Hoxe sábado terán lugar dúas mesas máis: a da historia, no Teleclube de Petín que arranca as 1.2000 horas, con Aurora Marco, Telmo González e Camilo Valdehorras; e a da lingua, con Rosario Álvarez, Francisco Cobo e Concepción Álvarez, na Casa do Río Cigüeño de O Barco, as 19.00 horas.

Este programa de peche do ano dedicado ao poeta de Corgomo terá continuidade o domingo coa cuarta das mesas de debate. Neste caso a cita, tamén ao mediodía, será en Rubiá e terá como tema protagonista as artes. Raquel Queizás, Domingo Docampo e Ramiro Núñez son os poñentes.

Dende o proxecto As Letras de Florencio, que organiza estas xornadas (coa colaboración do Instituto de Estudios Valdeorreses, a Deputación de Ourense, a Real Academia Galega e a Xunta) non se quixo deixar pasar a oportunidade de presumir de comarca e cada mesa remata con unha degustación de productos da terra.