«Ten unha vida que é unha novela inmensa», di o biógrafo de Luz Pozo

Rodri García A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

Luz Pozo (dereita), onte, durante a presentación da súa biografía en Portas Artabras.
Luz Pozo (dereita), onte, durante a presentación da súa biografía en Portas Artabras. césar quian< / span>

«Á procura da poesía» é a primeira biografía da poeta e académica

21 nov 2014 . Actualizado a las 09:41 h.

«Mira, pintarono de roxo para ti». E Luz Pozo baixou a ollada para ver a cor do estrado no que iba ter lugar na noite de onte a presentación da primeira biografía da poeta e académica. O acto foi en Portas Ártabras, o local que a asociación Amigos dos Museos de Galicia ten na Coruña.

O novo libro ten cousas inéditas, tal e como explicaba Andrés Pociña, autor do mesmo xunto con Aurora López: «Evidentemente, obra completa inédita non hai ningunha pero hai moitas cousas inéditas como, por exemplo, a versión que fixo do primeiro poema de Ánfora». Sobre este poema «nunca na vida o publicou, e nós, que sabíamos disto ,dixemoslle que ibamos publicarlo neste libro e ela estivo de acordo».

O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lourenzo, e o editor Henrique Alvarellos participaron, xunto cos autores e a poeta, na presentación desta biografía que leva por título Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza (Alvarellos Editora).

Sobre o tempo de preparación deste volumen, Pociña apuntaba, cun sorriso: «A propaganda di que levamos dez anos traballando neste libro pero levamos moitos máis». E detallaba: «Nós empezamos a escribir sobre Luz hai máis de vinte anos e a amizade con ela, que nos queremos moito, é de máis de trinta anos».

Esta biografía é a primeira da escritora xa que ata ahora «había un libro de Carmen Blanco, que está moi ben, que foi publicado en Ourense, pero é sobre a obra e sobre diversos aspectos da mesma, pero unha biografía propiamente dita non habia».

«¡É moito libro!»

Lóxicamente, a vida é obra de Luz Pozo é sobradamente coñecida por estes dous especialistas en lingua latina na Universidade de Granada. Por iso aseguran, con rotundidade que a poeta, que cumpleu 92 anos, «ten unha vida que é unha novela, unha novela inmensa», aseguran. Por este motivo, «poderíamos ter contado moitas máis cousas pero metemos a tesoura porque saía un libro de máis de mil páxinas». Isto fixo que de todo o material que foron recompliando «queda moito fóra», pero, «de todolos xeitos, o libro ten máis de 600 páxinas. ¡E moito libro!», aseguraba emocionado Pociña.

Tanto o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, como o editor, Henrique Alvarellos, salientaron a importancia da figura de Luz Pozo dentro da literatura galega, algo que facía imprescindible que tivera unha biografía como a que se presentaba.

Os autores detallaron que toda a obra poética da escritora vai comentada na biografía xa que cada un dos libros que ten publicados a poeta contan con un capítulo. De tódolos xeitos, «a vida tamén é interesante porque a obra de Luz sin a súa vida non se explica ben», aseguran os autores que, o mesmo que o resto de participantes na presentación, recibiron o agarimoso agradecemento dunha poeta que sigue escribindo. De feito, tal e como adiantou hai unhos meses, ten xa rematado un libro que leva por título La rosa de Borges e os seus biógrafos preparan un epistolario con cen cartas de Vicente Aleixandre. E ela fai o prólogo.